A partir do luns 8 de abril están expostas na Sala de Xuntas aberta do corredor P0B (Facultade de Ciencias da Educación – Campus de Elviña – A Coruña) as 22 instantáneas que compoñen a exposición 24 HORAS CON RAKESH de Alberto Lizaralde, cedidas pola ONG Mundo Cooperante. O traballo segue durante un día normal a vida de Rakesh, un neno do barrio de Kalighat (Calcuta) partícipe nun proxecto de New Light, unha ONG contraparte de Mundo Cooperante na India.
Para os que queirades saber máis, algunhas ligazóns: TRIPTICO 24 HORAS CON RAKESH:
VIDEO 24 HORAS CON RAKESH:
http://vimeo.com/3418687
Texto e imágenes © 2007-2022 Román Montesinos, salvo indicación expresa. Todos los derechos reservados. All rights reserved.